Cuarto e último dos especiais adicados ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.
Neste programa escoitamos unha colleita da formación CODONA, que publicou tres álbumes en ECM nos anos 1978, 1980 e 1982. Irrepetíbel trío musical de jazz e world music, integrado por Don Cherry (trompeta, frauta...), Collin Walcott (sitar, taboa, timbais, sarod...) e Naná Vasconcelos (percusión).
Selección musical:
Codona 1 (ECM, 1978).
- Codona.
- Mumakata.
- New Light.
Codona 2 (ECM, 1980).
- Malinye.
Codona 3 (ECM, 1982).
- Hey da ba doom.
Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro.
Todos os programas en: https://offmental.blogspot.com
Comentarios